A presente Ordenanza ten por obxecto regular o réxime e o procedemento xeral do Concello con relación á actividade de fomento, entendida como a acción da Administración encamiñada á protección ou promoción daquelas actividades no ámbito da cultura, recreación, actividade física e deporte, actividades económicas, mocidade, ensino, sanidade, ecoloxía, servicios sociais, bolsas, premios ou axudas para a realización de traballos científicos, artísticos ou culturais, ou calquera outra actividade que complementen ou suplan os servicios de competencia municipal (artigos 25 a 28 L.R.B.R.L.) e que persigan un interese social ou de utilidade pública.