A linguaxe do corpo na ludotecaA linguaxe debe coidarse ao máximo, xa que a comunicación non é só falada ou escrita, senón que tamén se dá por medio de expresións corporais e ata cos silencios. Os estados de ánimo exprésanse por medio de xestos, a forma de vestirse e ata polo olor. E que mellor que xogar e divertirse para aprender a controlar A LINGUAXE DO CORPO. Así, as actividades que realizaremos serán as seguintes: - Luns 20: MONICREQUES DE DEDOS (elaboración de monicreques de feltro con diferentes expresións). - Martes 21: XINCANA DAS EMOCIÓNS (xogo de probas para identificar emocións). - Mércores 22: TEATRO-DANZA (obra de teatro e danza sen emitir sons). - Xoves 23: XOGOS DE EXPRESIÓN CORPORAL (xogos de psicomotricidade e expresión corporal). - Venres 24: SAÍDA A SAMERTOLAMEU: MERENDA E XOGOS (sairemos da ludoteca ás 17.30 horas e o regreso será ás 19.30 horas. Hai que levar merenda, roupa cómoda e gorra. Reserva de prazas na ludoteca ou no teléfono 986315038). Como a miña nai, ningunha
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Moaña e o Equipo de Dinamización Lingüística do IES A Paralaia promoven a campaña Como a miña nai, ningunha para conmemorar o Día de Nai no comercio moañés e promocionar o uso da nosa lingua neste sector. Desde o luns 22 de abril ata o sábado 4 de maio, merca nos COMERCIOS COLABORADORES e recibirás unha tarxeta de agasallo. Consulta a listaxe de comercios colaboradores na bitácora da lingua: snlmoanha.blogaliza.org |
Axenda deportiva do mes de maioUn mes máis o concello de Moaña volve estar repleto de actividades deportivas, podes velas premendo en axenda
Campus de verán no IFEVIO Concello de Moaña colabora co Campus de VERÁN no IFEVI que ten por obxectivo promocionar e fomentar a diversidade deportiva para que as nenas e os nenos de primaria teñan a posibilidade de coñecelos e poidan practicalos no futuro. Dirixido a: nenos e nenas que naceron entre o 1 de xaneiro de 2002 e o 31 de decembro de 2007. Lugar de realización: nas instalacións do Instituto Feiral de Vigo, IFEVI, na avenida do aeroporto 772, Vigo. Prazo de inscrición: ata o 21 de maio. As persoas que queiran inscribirse teñen á súa disposición as follas de inscrición no Servizo de Información da Casa do Concello de Moaña e na Casa da Mocidade.
|
"A Galiña Azul" do concello de MoañaListado provisional de admitidos/as e agarda na escola infantil Galiña Azul do Concello de Moaña
Novos cursos da aula CeMIT en MaioNeste mes de maio crearanse 2 novos grupos de iniciación, así mesmo a aula ofrecerá 3 cursos de correo electrónico dirixido aos usuarios que participaron en anteriores grupos de iniciación, e a novos usuarios que posúan coñecementos básicos de navegación en Internet e correo electrónico. A oferta de cursos complétase cun curso de “Procura de emprego na rede”. A maiores, a aula CeMIT de Moaña continuará a sua colaboración coa Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer do Morrazo (AFAMO), impartindo un curso de iniciación á informática adaptado aos seus membros. As actividades en maio completanse coa aula aberta na que os usuarios e usuarias poden dispoñer do equipo para uso libre e a resolución de dúbidas. O prazo para anotarse aos distintos cursos, comezará o martes 23 de abril, dende as 12:30 da mañá.
|











