Cultura e ensino
Novos cursos na aula CeMIT en xuño
Neste mes de maio crearase 1 novo grupo de iniciación ao que se lles ofrecerá un primeiro camiño formativo composto polos cursos de alfabetización dixital, “Iniciación á informática: Achégate ás TIC”, “Iniciación a internet: Sácalle partido á rede” e “Correo electrónico: webmail”. Así mesmo a aula ofrecerá 3 cursos de correo electrónico dirixido aos usuarios que participaron en anteriores grupos de iniciación. A oferta de cursos complétase con 2 cursos de procesador de texto: Iniciación a LibreOffice A maiores, a aula CeMIT de Moaña continuará a sua colaboración coa Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer do Morrazo (AFAMO), impartindo un curso de iniciación á informática adaptado aos seus membros. O prazo para anotarse aos distintos cursos, comezará o xoves 23 de maio, dende as 12:30 da mañá. As actividades da Aula CeMIT de Moaña en xuño complétanse coa aula aberta. |
||
|










