Deportes e mocidade
A linguaxe do corpo na ludotecaA linguaxe debe coidarse ao máximo, xa que a comunicación non é só falada ou escrita, senón que tamén se dá por medio de expresións corporais e ata cos silencios. Os estados de ánimo exprésanse por medio de xestos, a forma de vestirse e ata polo olor. E que mellor que xogar e divertirse para aprender a controlar A LINGUAXE DO CORPO. Así, as actividades que realizaremos serán as seguintes: - Luns 20: MONICREQUES DE DEDOS (elaboración de monicreques de feltro con diferentes expresións). - Martes 21: XINCANA DAS EMOCIÓNS (xogo de probas para identificar emocións). - Mércores 22: TEATRO-DANZA (obra de teatro e danza sen emitir sons). - Xoves 23: XOGOS DE EXPRESIÓN CORPORAL (xogos de psicomotricidade e expresión corporal). - Venres 24: SAÍDA A SAMERTOLAMEU: MERENDA E XOGOS (sairemos da ludoteca ás 17.30 horas e o regreso será ás 19.30 horas. Hai que levar merenda, roupa cómoda e gorra. Reserva de prazas na ludoteca ou no teléfono 986315038). |
||
|










