Cursos de linguaxe administrativa galega e Celga

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional abriu o prazo para inscribirse, de maneira gratuíta, nos cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de Galicia.

Prazo de inscrición: desde o 2 ata o 11 de setembro de 2019 para os cursos que se van impartir de outubro a xaneiro.

Prazo de inscrición: desde o 30 de decembro de 2019 ata o 10 de xaneiro de 2020 para os cursos que se van impartir de febreiro a maio.

Solicitudes: as persoas que desexen participar nos cursos convocados nesta resolución deberán cubrir o formulario de inscrición telemática no enderezo www.eoidigital.com/preinslinguagalega

As persoas solicitantes destes cursos poderán facer unha única solicitude de inscrición por cuadrimestre con tres preferencias priorizadas de grupos. No caso de adxudicación de praza en máis dun curso, o/a alumno/a deberá optar por un só curso nunha soa escola.

A resolución completa pódese consultar no DOG núm. 156, no martes 20 de agosto de  2019 que está no enderezo www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190820/AnuncioG0534-070819-0002_gl.pdf

Bótalle un ollo a ...

Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel