Rechouchío de setembro e outrubro 2019

Este venres 20 de setembro, na Axencia de Lectura Municipal de Tirán, ás 18.00,  Magín Blanco vén visitarnos co seu concerto titulado Camiños.

CAMIÑOS é un espectáculo musical de formato individual no que Magín Blanco interpreta temas propios para a razapada, guiando esta interpretación con contos, adiviñas e moitas sorpresas.

Esta e a proposta máis próxima entre público e autor na que Magín procura a axuda e a participación do público na interpretación das cancións e na resolución das cuestións que van aparecendo nestes Camiños.

----------------------------------------------

O venres 13 de setembro, na Axencia de Lectura Municipal de Domaio situada no Centro Rosalía de Castro,  ás 18.00, Xoán Curiel vén visitarnos co seu Concerto sobre Antón Fraguas.

Neste concerto dedicado á figura de Antonio Fraguas, Xoán Curiel cantará as cantigas que o autor homenaxeado neste ano polo Día das Letras Galegas recolleu, así como outras cancións de creación propia que Xoán elaborou para falar da vida de Fraguas.

A comunicación co público asistente tamén estará presente nun concerto ameno e participativo.

Esta actividade está recomendada a partir dos 3 anos de idade. Vai ser signada por Xoga (Organización de Discapacidade Sensorial de Galicia), e dicir, vai contar cunha persoa intérprete en lingua de signos.

--------------------------------------------------------------

Este venres 6 de setembro, no auditorio da Biblioteca Pública Municipal (Quintela), ás 18.00, imos contar co espectáculo dirixido ao público familiar e infantil a partir dos 3 anos que mestura o clown e a pantomima coa maxia e a manipulación de monicreque da man da compañía Os Monicreques de Kukas e Xan Perillán e a maleta máxica.

Xan Perillán é un home con sorte, tocoulle nunha rifa unha viaxe a Pernambuco... Pero, onde queda Pernambuco? No hemisferio Norte ou no Sur?... cun pouco de maxia e a axuda da rapazada seguro que o descubrirá. Xunta todas as súas cousas e vai menéndoas nunha maleta que non é unha maleta calquera... é una maleta máxica, todo o que aquí se mete, convértese nun truco de maxia.

Ai, Xan Perillán, que traballos está a pasar! E por riba o seu loro Ravachol aparece e desaparece por arte de encantamento ... agora está... agora xa non... Uf, por fin meteu todo na maleta... Xa pode marchar.

Esta actividade vai ser signada por Xoga (Organización de Discapacidade Sensorial de Galicia), é dicir, vai contar cunha persoa intérprete en lingua de signos.

Bótalle un ollo a ...

Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel