Rechouchíos maio e xuño 2019

Este venres 10 de maio, na Biblioteca Pública Municipal de Moaña (Quintela) ás 18.00 h, Raquel Queizás trános Romaría. homenaxe a Antonio Fraguas.

 

Romaría é un espectáculo de narración oral no que as nosas lendas tradicionais achegan o mundo rural e antigo á rapazada, descubríndolles un modo de vida descoñecido para os máis deles.

Queliña, unha  nena da aldea, ten que rematar de apañar as patacas para que a deixen ir á romaría. Alí quedou cos amigos para brincar, bailar e facer carreiras de sacos. Cara á tardiña, antes de que remate a festa, todos os rapaces buscan a avoa Tareixa para que lles conte lendas, lendas para perder o medo.

Recomendada a partir dos 3 anos de idade, dura 45 minutos e vai ser signado por XOoga (Organización de Discapacidade Sensorial de Galicia).

Bótalle un ollo a ...

Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel