Rechouchíos de novembro e decembro 2018

Este venres 16 de novembro, no Centro Sociocultural Rosalía de Castro (Domaio) ás 18.00, Verdeveras Expresións Artísticas tráennos o conto musical Un lugar chamado mundo.

Unha nena como protagonista da historia; palabras do noso idioma para xogar, imaxinar e facer regueifas; un mundo multicultural cheo de músicas e cancións por descubrir; un planeta que coidar; un vello aviador como compañeiro de viaxe...

Este conto musical está recomendado para nenas e nenos a partir dos 4 anos de idade e as familias e está organizado pola Axencia de lectura Municipal de Domaio e polo Servizo de Normalización Lingüística.

------------------------------------------------------------------

 

venres 9 de novembro, no centro multiusos de Meira, ás 18.00, contamos con A maxia de Xabi da man de Barafunda Animación.

O mago Xabi fará as delicias dos máis pequenos e pequenas da casa e sorprenderá as persoas maiores. A maxia, sempre desde unha perspectiva cómica e interactiva, será o eixe central e o público vai ser parte integrante do espectáculo.

Maxia cómica para toda a familia, cunha posta en escena onde a ilusión da maxia mestúrase nun cóctel de risas e gargalladas. Este espectáculo está organizado pola Biblioteca Pública Municipal de Moaña e polo Servizo de Normalización Lingüística.

Bótalle un ollo a ...

Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel