Rechouchíos 2018

Este venres, 25 de maio, na Axencia de Lectura Municipal de Tirán, ás 18.00, Sarabela Teatro tráenos Isto non é unha caixa.

 

Nola e María, cansas de xogar coa infinidade de xoguetes que teñen, descobren a embalaxe de cartón que está a piques de ir ao lixo. Con esa caixa, abrirán a porta da súa imaxinación e vivirán e viaxarán coas historias que van desde as lendas e contos populares ata a creación nun constante xogo de interacción co público para redescubrir novas identidades. Porque... Isto non é unha caixa!

Esta actividade está oreintada para nenas e nenos a partir dos 4 anos de idade e a súa familia.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

O venres 18 de maio, no auditorio do Centro Sociocultural Daniel Castelao, en Quintela, ás 18.00, Teatro Ghazafelhos tráenos A máquina do tempo.

Pepablo Patinho e Montse Piñón volven a Moaña na máquina do tempo para que viaxemos con eles ata a época das cavernas.

Estes dous integrantes dos Ghazafeljos exploran como se vivía na prehistoria a través das peripecias da doutora Monsilia Brimini, a científica máis grande da historia, que consegue artellar unha máquina do tempo que nos traslada ao mundo dos cavernícolas.

Contarán coa axuda dalgún "voluntario ou voluntaria" para achegárense ás distintas épocas da historia.

Esta actividade está orientada para nenos e nenas a partir dos 4 anos de idade e conta co financiamento do programa Ler conta moito.

------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

O venres, 11 de maio, seguimos coa programación dos Rechouchíos. Desta volta Barafunda tráenos ao Centro Sociocultural Rosalía de Castro, en Domaio, o conto teatralizado Pepiña Maruxiña quere voar.

Pepiña Maruxiña quere voar conta a historia dunha xoaniña que a través da súa constancia e tenacidade consegue unhas ás para poder voar. Para iso, emprende unha aventura polo xardín. Polo camiño coñecerá diferentes animais que a axudarán a cumprir co seus desexos de voar.

O conto está baseado na tradición popular de cantarlles ás xoaniñas para que emprendan o voo. Unha recuperación da tradición oral coa intención de espertar nas cativas e nos cativos o interese pola nosa cultura e a natureza.

Nesta aventura, a compañía Barafunda mestura a música e diferentes elementos como globos, espuma...

Esta actividade está orientada para nenos e nenas a partir dos 3 anos de idade e a súa familia.

Bótalle un ollo a ...

Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel