ANUNCIO LIÑA 3. EMPREGO

ANUNCIO.
Co obxecto de dar cumprimento ao requisito de publicidade da subvención correspondente á Liña 3: Emprego para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais, concedida a este concello pola Deputación Provincial de Pontevedra dentro do Plan Concellos 2018, faise saber:

SUBVENCIÓN DA DEPUTACIÓN AO CONCELLO PARA O COFINANCIAMENTO DA CONTRATACIÓN DE 29 TRABALLADORES DENTRO DA LIÑA 3: EMPREGO PARA A CONSERVACIÓN E FUNCIONAMENTO DE BENS E SERVIZOS MUNICIPAIS, DO PLAN CONCELLOS 2018.

A Deputación Provincial de Pontevedra, mediante acordo da súa Xunta de Goberno de data 09.03.2018, concedeu ao Concello de Moaña unha subvención por importe de 224.200,00 euros, ao abeiro da Liña 3: Emprego para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais do Plan Concellos 2018, destinada ao cofinanciamento da contratación de 29 traballadores desempregados a xornada parcial de 32,5 horas semanais, coas categorías profesionais e meses de contrato que se indican:

CATEGORIA
PROFESIONAL
Nº DE TRABALLADORES Nº DE MESES
OFICIAL 1ª ALBANEL 1 7
OFICIAL 1ª CARPINTEIRO 1 7
OFICIAL 1ª FONTANEIRO 1 7
PEÓN OBRA PUBLICA 4 6
PEÓN ESPECIALISTA MEDIOAMBIENTE -FORESTAL 1 6
PEÓN MEDIOAMBIENTE-FORESTAL 5 6
PEÓN ESPECIALISTA XARDINEIRO 1 6
AXUDANTE XARDINEIRO 4 6
LIMPADOR/A 7 9
CONSERXE 3 7
CONSERXE 1 6
TOTAL 29 ----

Custo total: 363.874,87 euros.
Subvención concedida: 224.200,00 euros.
Aportación municipal: 139.674,87 euros.

Moaña, 1 de abril de 2018.
A alcaldesa

Leticia Santos Paz.

Bótalle un ollo a ...

Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel