Noticias do departamento.
Última.
| Noticia: |
|
|
TEATRO DO MORCEGO PRESENTA O ESPECTÁCULO MUSICAL INFANTIL "OS SALTIMBANQUIS" NA BIBLIOTECA PÚBLICA DE MOAÑA (28/1/2010) A peza, adaptación dun conto dos irmáns Grimm, ten como protagonista un burro, que, cansado da explotación e dos malos tratos do patrón, decide abandonar a facenda onde traballaba na procura de mellores condicións de vida. No camiño á cidade encontra un can e unha galiña que foxen polo mesmo motivo xunto cunha gata, á que botaron da casa porque pasara a noite cantando. "Unidos conta a tiranía dos donos, deciden formar un conxunto musical e parten cara a cidade dos soños, compoñendo belas cancións". Programa [Actividade do programa "Letras Vivas" da Rede de Bibliotecas de Galicia] HORARIO: XOVES 4 DE FEBREIRO ÁS 11:OO HORAS, FUNCIÓN ESCOLAR. VENRES 5 DE FEBREIRO ÁS 18:00 HORAS, NENOS MAIORES DE 5 ANOS. ENTRADA LIBRE
|
AS TERTULIAS DA LONXA: "AFASIA", DE XABIER CORDAL. VENRES 5 DE FEBREIRO ÁS 21:00 HORAS NA BIBLIOTECA PÚBLICA DE MOAÑA (28/1/2010) Xavier Cordal (A Coruña, 1965), ten publicados catro libros de poemas: A vella peneira á noite, Afásia e Arianrod (en Baía) , e Fruto do teixo, (Ed. do Castro) ; ademáis, realiza colaboracións periodísticas e de crítica literaria en diversos medios de comunicación, como “A trabe de Ouro” ou a Revista das Letras do xornal “Galicia Hoxe”. Tamén é colaborador habitual no portal Vieiros onde firma articulos de opinión. Pero o que maís chama a atención da súa “biografía literaria” é a súa participación en traballos colectivos. En 1984-85 funda na Coruña con outros amigos estudiantes o coletivo Ronseltz, un grupo de xoves poetas que se reviraron contra o aburrido discurso poético que dominaba en Galicia nos anos 80. Deronse a coñecer mediante recitais en diversos puntos de Galica e de fóra de Galicia. A súa posta en escena oscilaba entre o humor posmoderno e a provocación punk; era un grupo de iconoclastas, irónicos e irreverentes que parodiaban ós escritores máis consagrados e empregaban medios propios da performance: O resultado escrito desta experiencia foron tres revistas co mesmo nome do colectivo e o poemario Unicornio de cenorias que cabalgas os sábados (Positivas) En 2001 integrouse no colectivo Redes Escarlata que na súa declaración fundacional definiuse como asociación sociocultural asemblearia, nacionalista e de esquerdas, e que publica periódicamente na rede unha serie de manifestos, sobre o Prestige, contra a Lei da partidos, a prol da liberdade de expresión, contra o Verbum, sobre o cinema galego ou contra a guerra de Irak. |
Concurso de Carteis de Entroido 2010.(14/12/09). A Concellería de Cultura e Ensino convoca un concurso de carteis para seleccionar o cartel do Entroido 2010. Estes carteis deberánse facer chegar ó Concello, a atención da Concellería de Cultura antes do vindeiro 15 de Xaneiro. Os carteis deben presentarse en formato A3, e contarán con tres cores únicamente.Non deben conter texto algún, e deberán gardar relación coa temática do Entroido. O gañador/a recibirá un cheque regalo por valor de 100€ en material de librería ou escolar/oficina. Aqueles concursantes que queiran facer o cartel en formato dixital, poderanno facer chegar ó correo electrónico moanacultura@gmail.com Os datos dos participantes deberán ir escritos no reverso dos carteis, indicando nome e apelidos, dirección e nº de teléfono de contacto, así como a idade naqueles casos dos menores de 18 anos.
|
Anteriores.