Noticias do departamento.

Noticia:

 

A concellería de Cultura e Ensino convoca para o vindeiro mércores día 3 de outubro unha reunión con todos aqueles colectivos e asociacións que fan uso de instalacións municipais dependentes do departamento de cultura (Centros culturais) (29/9/2007)

O concelleiro de Cultura e Ensino quere reunirse cos colectivos e asociacións para falar sobre o uso que se lle está a dar ós centros culturais do concello de Moaña, co fin de organizar e programar os espacios de cara ó ano 2008. Dada a importancia do tema, pídese a máxima asistencia de polo menos un respresentante de cada colectivo, que a poder ser, traiga por escrito a solicitude horaria para o ano 2008 do centro que empreguen.

 

<Índice de noticias.