Noticias do departamento.

Noticia:

A ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA ORGANIZA UNHAS XORNADAS DE MÚSICA VOCAL PARA TODOS OS AFECCIONADOS Ó CANTO. (29/04/2008)

A Escola Municipal de Música organiza unhas xornadas de música vocal dirixido a xente afeccionada o canto. Haberá dous cursos simultáneos.

"Música Vocal Moderna" 9 e 16 de maio

Dirixido especialmente a xente xove, que quere iniciarse no manexo da voz, tanto en repertorio individual coma na ensamblaxe de varias voces. Traballaránse corais de Jazz, temas coñecidos de actualidade. (Shakira, Eros Ramazzoti, Christina Agulera, Sting...). De 12 anos en adiante haberá dous grupos.

A- Iniciación- de 16:00 a 18:00 . Coñecementos elementais.Experiencia de 1-2 anos ou sen experiencia.

B- Básico- de 18:00 a 21:00. Manexo básico de lectura musical. Experiencia: 3º curso de música en adiante.

"Obradoiro de canto coral" 30, 31 de maio- 6 de xuño.

Dirixido a membros de coros e corais, directores de coro, estudiantes ou profesores de música e tódolos interesados en iniciarse ou afondar no mundo do canto coral. Traballaranse diferentes aspectos da técnica vocal e a súa aplicación no coro. Idade mínima 12 anos.

A- Xóvenes- de 16:00 a 18:00 (sáb- de 12-14). de 12 a 18 anos de idade. Manexo de lectura musical.

B- Adultos- de 18:00 a 20:00 (sáb- de 10-12) de 18 anos en diante. Experiencia previa nun coro ou coral.

Os cursos serán impartidos por Graciela Rodríguez e Julio Domínguez.

Para mais información dirixirse ó Dpto. de Cultura no concello ou a Escola de Música no colexio de Reibón polas Tardes.

Data límite de inscripción ata o 5 de Maio.

 

 

<Índice de noticias.