Noticias do departamento.

Noticia:

As Concellerías de Cultura e Ensino, Deportes e Mocidade , Igualdade e Servizos sociais, en Colaboración coa Axencia Audiovisual Galega e Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, presentan en Moaña o ciclo de cine "Cinemas Dixitais". (28/10/2007)

Este proxecto encamíñase a facer difusión de obras audiovisuais non comerciais ao longo da xeografía galega a través da súa exhibición dixital, á maneira do cinema tradicional, en teatros, auditorios, casas de cultura ou salóns de actos de diferentes vilas.

Cinemas dixitais pretende conseguir varias metas:

  • A programación estará configurada, na súa meirande parte, por produción audiovisual galega polo que será unha extraordinaria ferramenta de promoción do sector dentro do seu público natural, o galego. Nesta plataforma tamén terán cabida producións alleas, tras chegar acordos de exhibición con administracións doutras cinematografías que tutelen as súas respectivas producións audiovisuais. En definitiva trátase de crear "un mundo paralelo" ao cinema comercial convencional.
  • Este proxecto ademais, pretende restaurar o hábito social de ir ao cinema. As salas cinematográficas eran espazos que se ergueron como nodos de vida social, sobre eles gravitaban costumes de ocio e unha ampla variedade de establecementos dedicados ao lecer.
  • Os Cinemas Dixitais será unha peza fundamental para contrarrestar a desertización da oferta de lecer que sofren a meirande parte dos concellos galegos, e ao tempo un apoio directo a difusión das obras subvencionadas con diñeiro publico Os cidadans poderán comprobar o uso do diñeiro público adicado á producción audiovisual e as obras subvencionadas non durmirán esquencidos nos caixóns.

En Moaña, o certame levaráse a cabo na Casa da Mocidade, cunha exhibición de 9 películas de temática variada para diferentes gustos e tipos de público.

A ATLÁNTIDA. 22:00(02/11/2007)

AUTOPSIA. 22:00 (09/11/2007)

CONDENADO A VIVIR. 22:00(16/11/2007)

SARA. (22/11/2007)

ENTRE BATEAS. 22:00 (23/11/2007)

MÁIS CA IRMÁNS. 22:00 (30/11/2007)

SECUESTRADOS EN XEORXIA. 22:00(05/12/2007)

O TESOURO (DE ÁNXEL FOLE). 22:00 (07/12/2007)

O PARTIDO. 22:00 (14/12/2007)

(Pincha en cada título para coñecer mais da película e os datos de programación)

 

 

 

<Índice de noticias.