Noticias do departamento.

Noticia:

TEATRO DO MORCEGO PRESENTA O ESPECTÁCULO MUSICAL INFANTIL "OS SALTIMBANQUIS" NA BIBLIOTECA PÚBLICA DE MOAÑA (28/1/2010)

A peza, adaptación dun conto dos irmáns Grimm, ten como protagonista un burro, que, cansado da explotación e dos malos tratos do patrón, decide abandonar a facenda onde traballaba na procura de mellores condicións de vida. No camiño á cidade encontra un can e unha galiña que foxen polo mesmo motivo xunto cunha gata, á que botaron da casa porque pasara a noite cantando. "Unidos conta a tiranía dos donos, deciden formar un conxunto musical e parten cara a cidade dos soños, compoñendo belas cancións". Programa [Actividade do programa "Letras Vivas" da Rede de Bibliotecas de Galicia]

 

HORARIO:

 

XOVES 4 DE FEBREIRO ÁS 11:OO HORAS, FUNCIÓN ESCOLAR.

 

VENRES 5 DE FEBREIRO ÁS 18:00 HORAS, NENOS MAIORES DE 5 ANOS. ENTRADA LIBRE

 

<Índice de noticias.