Noticias do departamento.

Noticia:

AS TERTULIAS DA LONXA: "AFASIA", DE XABIER CORDAL. VENRES 5 DE FEBREIRO ÁS 21:00 HORAS NA BIBLIOTECA PÚBLICA DE MOAÑA (28/1/2010)

Xavier Cordal (A Coruña, 1965), ten publicados catro libros de poemas: A vella peneira á noite, Afásia e Arianrod (en Baía) , e Fruto do teixo, (Ed. do Castro) ; ademáis, realiza colaboracións periodísticas e de crítica literaria en diversos medios de comunicación, como “A trabe de Ouro” ou a Revista das Letras do xornal “Galicia Hoxe”. Tamén é colaborador habitual no portal Vieiros onde firma articulos de opinión. Pero o que maís chama a atención da súa “biografía literaria” é a súa participación en traballos colectivos. En 1984-85 funda na Coruña con outros amigos estudiantes o coletivo Ronseltz, un grupo de xoves poetas que se reviraron contra o aburrido discurso poético que dominaba en Galicia nos anos 80. Deronse a coñecer mediante recitais en diversos puntos de Galica e de fóra de Galicia. A súa posta en escena oscilaba entre o humor posmoderno e a provocación punk; era un grupo de iconoclastas, irónicos e irreverentes que parodiaban ós escritores máis consagrados e empregaban medios propios da performance: O resultado escrito desta experiencia foron tres revistas co mesmo nome do colectivo e o poemario Unicornio de cenorias que cabalgas os sábados (Positivas) En 2001 integrouse no colectivo Redes Escarlata que na súa declaración fundacional definiuse como asociación sociocultural asemblearia, nacionalista e de esquerdas, e que publica periódicamente na rede unha serie de manifestos, sobre o Prestige, contra a Lei da partidos, a prol da liberdade de expresión, contra o Verbum, sobre o cinema galego ou contra a guerra de Irak.

 

<Índice de noticias.