Noticias do departamento.
| Noticia: |
TALLER DE ESCRITURA CREATIVA IMPARTIDO POR MARINA MAYORAL. 27-30 DE MAIO NA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE MOAÑA (27/03/09) O taller de escritura creativa pode ser útil tanto as persoas que pretenden facer literatura de ficción como as que sinxelamente queren mellorar a expresión escrita das suas ideas e sentimentos. Tamén é de utilidade para os estudiantes de humanidades xa que se manexan conceptos indispensables para a crítica e a teoría literaria PROGRAMA DO CURSO 1.- Da realidade á ficción : A relación Autor - Narrador 2 - ¿ Quen conta a historia ? Distintos tipos de voz narradora: Narración en terceira persoa. Narración en primeira persoa. Narración “ollo de cámara”. 3.- ¿ A quen se dirixe o eu que conta ? Narratario, lector implícito e lector explícito. 4.- ¿En que momento pode comezar unha historia?: o tempo narrativo Narración lineal, in medias res, analepsis, prolepsis... 5.- ¿ A que velocidade contamos ? : o “tempo” - Escenas, panoramas, pausa digresiva ou descriptiva, elipse... 6.- ¿ Onde sucede a acción do relato ? : O espacio narrativo - Distintos tipos de descripción 7.- ¿ Como se construe un personaxe de novela ? PRÁCTICAS Faranse exercicios de : - Distintos tipos de narración omniscente : editorial, neutral , selectiva ... - Narración en primeira persoa: eu central e periférico - Narración de "ollo de cámara". - Discurso indirecto, indirecto libre e directo. - Monólogo clásico e monólogo interior. - Construcción dun narratario e un lector explícito - Analepsis e prolepsis - Narración en escenas e narración en panoramas. - Pausas digresiva e descriptiva, elipses DATAS DO CURSO: DÍAS 27-28-29 E 30 DE MAIO HORARIO: 16 HORAS REPARTIDAS EN 4 DÍAS E 4 HORAS DIARIAS. DE 17 A 21 HORAS DIVIDIDAS EN UNIDADES DIDÁCTICAS DE 1 HORA E 15 MINUTOS, CUN INTERMEDIO DE 30 MINUTOS. O CURSO CELEBRARASE NOS LOCAIS DA BIBLIOTECA DE MOAÑA TELÉFONO INSCRICIÓN: 986314250 VISITA A WEB DE MARINA MAYORAL
|