Noticias do departamento.

Noticia:

Presentouse a XXV edición do Festival Intercéltico do Morrazo.(23/7/2009)

Vense de celebrar a rolda de prensa de presentación da XXV edición do Intercéltico do Morrazo no Concello de Moaña, na que estiveron presentes unha representación dos grupos Milladoiro e Oscar Ibañez acompañando ó Concelleiro de Cultura.
Como estaba previsto na programación de verán, os días 31 de xullo e 1 de agosto serán os elixidos para o festival , actuando no primeiro día Oscar Ibañez de Gwendal e o segundo día MIlladoiro e amigos, nesta ocasión , contaran coa colaboración especial de Mafalda Arnauth, unha das cantantes lusas con maior proxección neste momento.
Ademais, durante estes días haberá actividades de pasarrúas e bandas de gaitas polos paseos de Moaña e da Xunqueira ó cargo de bandas de gaitas que amenizaran os días.
Deuse conta tamén do orzamento para esta edición , cun importe de 100.000€
Ademais do cartel artístico, haberá algunha sorpresa para celebrar os 25 anos de certame.
O lugar cambia nesta edición, trasladandose a zona de actividades da Xunqueira, onde se habilitará a zona de concertos.
Os concertos comezarán as 22:30.

Mais información na ligazón Interceltico.

 

<Índice de noticias.