Noticias do departamento.

Noticia:

Presentouse a programación do Entroido 2008. (23/01/08)

Presentouse a programación do Entroido 2008 no Concello de Moaña. As concellerías de Cultura e Ensino, Deportes e Mocidade e Igualdade e Servizos sociais, xunto cos representantes das comparsas que participan no Entroido 2008 deron a coñecer o programa de actividades que irán do 2 ó 10 de Febreiro.

Tamén se presentou o cartel do entroido, que nesta edición foi feito por Sheila Martinez Paz, do IES As Barxas, sendo premiada cun vale de 100€ en material educativo, ó igual que o centro que representa.

Ademais, concederonse dous premios especiais a dous centros de Primaria, os CEIP de Tirán e Domaio, dotados con 50€ en material escolar como finalistas.

A programación queda como segue:

SÁBADO 2 DE FEBREIRO:

- Pasarrúas das comparsas polas respectivas parroquias.

  • Hora: 17:00 Lugar: Carpa do paseo marítimo.

- Lectura do Pregón a cargo da comparsa “Calcarrúas” en recoñecemento ó seu XXV aniversario.

- Degustación de doces típicos de balde.

- Actuación das Comparsas.

 

  • Hora:20:00 Lugar: Centro Cultural de Verducedo
  • Actuación das comparsas. (Organiza AVV Verducedo-Piñeiro)

 

  • Hora:22:30. Lugar: Carpa do paseo Marítimo.
  • Festa XXV aniversario da Comparsa Calcarrúas.
    • Actuación de:
      • A Martinguiña.
      • Parcero e Soledá.
      • Drrente a parede.
      • Barni Gambel.

 

DOMINGO 3 DE FEBREIRO:

 

  • Hora: 12:00. Lugar: Adro de San Benito.
  • Festival de comparsas de Domaio. (Organiza ACF Charaviscas)

 

  • Actuación das Comparsas de tarde polo paseo marítimo de Moaña e locais.

 

LUNS 4 DE FEBREIRO:

 

  • Hora: 16:00 Lugar: Pavillón de Reibón.
  • Pequentroido: Xogos, música e animación infantil.

 

MARTES 5 DE FEBREIRO:

 

  • Hora: 16:00 Lugar: Pavillón de Reibón.
  • Pequentroido: Xogos, música e animación infantil.
  • Concurso de disfraces infantil.
  • Entrega de agasallos para os participantes.

 

  • Hora: 20:30Lugar: Centro Cultural Daniel Castealo- Quintela.
  • Festival de Comparsas.(Organiza AVV A Bouza-Quintela)

 

VENRES 8 DE FEBREIRO:

  • Hora:21:00. Lugar: Casa da Cultura San Martiño

-Festival de comparsas. (Organiza AVV. San Martiño)

 

  • Hora: 22:30 Lugar: Carpa do Porto de Domaio
  • “Festa de Entroido de Domaio” (Organiza AC. Animodo)
  • .Doces típicos e chocolatada de balde.
  • Actuacións musicais.

SÁBADO 9 DE FEBREIRO:

 

  • Hora: 17:00 Lugar: Saída dende o Concello ata o paseo marítimo.
  • “Enterro da Xoubiña”.

 

  • Hora: 20:00 Lugar: Adro da Peregrina- A Guía.
  • Actuación de Comparsas. (Organiza AVV O Arroás)
  •  
  • Hora: 22:00 Lugar: Carpa do Paseo Marítimo
  • Festa “Entroido Xove”.
    • ActuaciónGrupo Ámbar.
    • 23:30-Concurso de comparsas 2008.
    • Actuación dos Cuchufellos

 

DOMINGO 10 DE FEBREIRO:

 

  • Hora: 17:00 Lugar: Rúa Ramón Cabanillas- Concepción Arenal.
  • “Enterro da Sardiña”.
    • Desfile pasarrúas
    • Queima da Sardiña e espectáculo pirotécnico.
    • Fin do Entroido 2008.

Colaboran:

Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade-Vicepresidencia-Xunta de Galicia

Asociación de mulleres de Moaña.

Asociación de comerciantes (FECIMO)

Asociación sociocultural Enr2.

Comparsas: Animodo, Cada un que se safe , Calcarrúas, Foche a Bodeja , Nin chica de Jasto, Nosa Terra, Os Combois, Os que Faltaban.

AVV Verducedo-Piñeiro, ACF Charaviscas, AVV A Bouza-Quintela, AC. Animodo, AVV O Arroás, B.M. Airiños do Morrazo.

Centros educativos do Concello de Moaña.

 

 

“Anímate,disfrázate, participa e vive o Entroido dende dentro”

 

 

<Índice de noticias.