Noticias do departamento.
| Noticia: |
Reabrese o Centro Cultural Daniel Castelao. (22/10/2008) Despois de 5 meses pechado para a levar acabo unha importante reforma, a partir de hoxe reabrese o centro Daniel Castelao de Quintela ó público. As actuacións que se levaron a cabo foron a remodelación da biblioteca, renovación do auditorio e acondicionamento de espacios para a Escola de Gaitas municipal e de instrumentso tradicionais. Mellorouse a accesibilidade e dotouse de elevador para o primeiro andar. Ademais, fixose unha actuación no entorno coa creación dunha pequena praza de entrada axardinada e asfaltado do aparcamento que se crea na parte posterior do centro. A biblioteca continuará co horario habitual de inverno.
|