Noticias do departamento.
| Noticia: |
O vindeiro 27 de novembro, a compañía teatral Casahamlet representará a obra Remoldiño vai á feira, basada no libro do mesmo título escrito por Xoán R. Cuba e ilustrado por Óscar Vilán. Unha vez finalizada a función, os nenos asistentes recibirán un agasallo moi especial. Esta actividade enmárcase dentro da campaña de animación lingüística "Voces á orella" promovida pola Secretaria Xeral de Política Lingüística. |