Noticias do departamento.
| Noticia: |
Certame de Maxia en Moaña: 2º Circuíto de Maxia- Nadal Máxico. (18/12/2007) A Concellería de Cultura e Ensino presenta o 2º Circuíto de Maxia. O Circuíto Galego da Maxia celebra este ano a súa segunda edición con 50 funcións noutros tantos concellos de toda Galiza, desenvolvendo a meirande parte da súa actividade durante o mes de decembro. A Consellaría de Cultura, a través da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural e do IGAEM (Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais), colabora coa Asociación de Magos Profesionais de Galicia na organización deste programa, que conta cun total de 23 magos para a posta en escena de diferentes espectáculos. Trala positiva acollida da anterior edición deste primeiro monográfico dedicado á maxia en Galiza, este ano amplíase de 40 a 50 o número de concellos participantes no circuíto, que foi creado co obxectivo de promover este xénero escénico mediante o acceso do público dos diferentes municipios ao traballo que realizan os magos galegos, así como ás diferentes técnicas que abranguen as súas exhibicións: maxia de preto, unipersoal, escapismo, mentalismo, ilusionismo e artes afíns (ventriloquía, faquirismo...), entre outras. En Moaña a cita será o vindeiro sábado día 22, as 20:30 no IES As Barxas.
|