Noticias do departamento.

Noticia:

A A.C. Nós organiza unha conferencia sobre Ramón Cabanillas. (17/11/2009)

A AC.Nós organiza unha conferencia sobre Ramón Cabanillas que dará Luis Rei, o vindeiro venres, día 20 de novembro, ás 20:00 horas no Salón de Sesións do Concello de Moaña.

Luís Rei, natural de O Grove, é bibliotecario e técnico de cultura do concello de Cambados. É un dos grandes investigadores e máis prolíficos sobre a vida e obra de Ramón Cabanillas. Despois de ter feito moitos relatos e artigos sobre este insigne persoeiro galego, ven de publicar na editorial Galaxia, xusto no quincuaxésimo aniversario do seu pasamento: Ramón Cabanillas. Crónicas de desterros e saudades.

Esta obra, está sendo considerada por toda crítica galega e as grandes editoriais do país, como o libro referencial sobre o noso poeta.

Luís Rei, inxire no seu traballo, o paso circunstancial de Cabanillas polo concello de Moaña, como secretario municipal, dende abril ata setembro de 1942, afondando nun traballo previo que a A. C. NÓS, publicara en 1989.

 

 

 

 

<Índice de noticias.