Noticias do departamento.
| Noticia: |
A concellería de Cultura e Ensino organiza un curso de Pintura para o anos 2008.(17/11/2007) A concellería de Cultura e Ensino quere por en marcha un curso de pintura a partir de Xaneiro do ano próximo para todos aqueles interesados e afeccionados a este xénero artístico. O Curso celebraríase entre os meses de Xaneiro e Xuño na casa de cultura de San Martiño, en horario que ainda está por determinar, que dependerá da disposición horaria do centro e das preferencias do alumnado. Será impartido pola asociación "A carón do Mar", tendo un custe máximo de 30€, o Concello subvencionaría unha parte deste custe. Para inscribirse, hai que dirixirse ben ó Concello ou ben a Casa da Mocidade, onde se cumplimentará unha folla de preinscripción. Os grupos que se fromen serán grupos reducidos, e se fose posible en función de idades. |