Noticias do departamento.
| Noticia: |
Presentouse a XXIII edición dos circuítos teatrais de Moaña.(15/09/2010) Un a ano mais o Departamento de Cultura achega a Moaña unha mostra de teatro Profesional, con 5 representacións que se representarán entre o sábado 2 de Outubro e o sábado 30 de outubro.Unha vez mais combinaránse obras que achegarán ó mellor do xénero teatral. O escenario será o mesmo das últimas edicións, no salón de Actos do I.E.S As Barxas, co horario dos sábados as 22:00. As entradas poñeránse a venta en tres modalidades; entrada ordinaria 4€, entrada especial estudiantes, colectivos culturais, desempregados 3€, e abonos para todas as funcións 10€. O departamento de Cultura celebra esta XXIII edición dos circuitos de teatro coa satisfacción que da a consolidación do certame no panorama cultural, tanto a nivel municipal como comarcal, como un dos eventos culturais mais importantes do calendario, cunha asistencia media de aforo completo de 200 expectadores. Mais información o apartado Teatro.
|