Noticias do departamento.
| Noticia: |
A Concellería de Cultura e a Escola Municipal da Música Tradicional, organizan un concerto de Patrick Molard o vindeiro sábado 19 de Decembro. (14/12/09) O vindeiro sábado 19 de decembro, o gaiteiro bretón Patrick Molard, celebrará no auditorio do centro cultural Daniel Castelao en Quintela, un concerto maxistral para todos aqueles afeccionados a gaita e a música celta. O Concerto será apartir das 20:00. PATRICK MOLARD está considerado como un dos grandes especialistas de gaita escocesa no mundo.No ano 1965 inicia o estudio deste instrumento na "BAGAD DE ST. MALO", para máis tarde ingresar na banda de gaitas "AN ERÉ" de RENNES en 1969. Artífice do suceso do grupo nos anos 1970, 1971 e 1973 en CANADA e ESCÓCIA, distínguese ademáis como brillante competidor solista en todos os concursos individuais nos que participa durante este período. É neste momento cando decide convertirse en músico profesional formando parte do grupo de ALAN STIVELL. PATRICK MOLARD é un dos responsabeis directos do rexurdimento da música bretona. Ten formado parte de numerosos grupos (SATANAZET, OGHAM, GWENDAL, GWERZ, PENNOU SKOULM, DEN, MOLARD TRIO ...) e sobre todo con DAN AR BRAS con quen creou un dúo de gaita e guitarra de grao excepcional. Durante tres anos consecutivos gañou o "TROFEO MACALLAN" no "FESTIVAL INTERCELTICO DE LORIENT" (1980, 1981, 1982), na Bretaña, e no ano 1984 grava o seu primeiro disco de longa duración en solitario baixo o título de AR VAZ BALAN. Por outra banda, Patrick consagrase ó ensino da música tradicional. Durante moitos anos dirixíu a "ECOLE DE MUSIQUE TRADITIONELLE DE KARAEZ" (FINISTÉRE, BRETAÑA), sendo titular do "DIPLÔME D'ETAT DE MUSIQUE TRADITIONELLE" o que lle concede un grao especial como profesor. Imparte cursos de gaita escocesa, bretona e irlandesa, ò tempo que participa en seminarios sobre estes mismos instrumentos celebrados en diferentes puntos de Europa A MúsicaRecital excepcional de música de gaita escocesa, irlandesa e bretona, o concerto de Patrick artellase ó redor da música destes países a máis de Galiza, nutrindose o seu repertorio de temas tanto tradicionais como de autor e, cando a ocasión o permite, de "PIOBAIREACHD". Ésta é unha música sabia, de tradición oral, elaborada hai catro séculos nas illas HEBRIDAS e que vense transmitindo de boca a oido até os nosos días. Música envolvente, fascinante,
|