Noticias do departamento.

Noticia:

Certame de teatro afeccionado en Moaña. (14/12/2007)

A Asociaciación de Mulleres de Moaña e Teatro Aurín, en colaboración coa FEGATEA (Federación Galega de Teatro Afecionado ) e o Concello de Moaña, organizan un certame de Teatro afeccionado no que participarán 4 compañías de tatro afeccionado.

Estas obras inscribense dentro da Programación Cultural de Nadal que se levarará a cabo en Moaña.

As representacións levaránse a cabo no auditorio do Centro Cultural Daniel Castelao de Quintela os vindeiros sábados 15, 22, 29 de Decembro e 12 de Xaneiro, a partir das 21:00. e o prezo da entrada será de 3€.

O día 15 Quartoescuro Teatro acheganos a obra "A noite de Leonard"

O día 22, Teatro do Aramio achegarános "A última badalada"

O día 29, a Escola de teatro falcatrueiros interpretará " Clow escola"

Destacar que o día 12, e fora do programa da FEGATEA actuará o grupo de teatro local Teatro Avresno que estrea a súa obra "Historias íntimas do Paraiso"

Está patrocinado pola Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura e Deportes da Xunta de Galicia.

 

 

<Índice de noticias.