Noticias do departamento.

Noticia:

VII CERTAME DE MICRORRELATOS "LONXA LITERARIA" .(13/09/09)

A lonxa Literaria pon en marcha a VII edición do certame de microrrelatos de Moaña, coa que colabora o Concello de Moaña.

BASES:

1. Os microrrelatos deberán estar escritos en galego normativo e cunha extensión máxima de 15 liñas a dobre espazo e cunha letra tipo "Times New Roman, nº 12". No texto deberá conter necesariamente a palabra ESCUMALLO

2. Cada autor/a enviará un único relato

3. Convócase unha única categoría de participación á que se dotará dun premio de 300 €.

4. Se a calidade dos traballos presentados así o aconsella, nomearase un ou dous accésits sen dotación económica. De non acadar a calidade necesaria o xurado poderá declara-lo premio deserto

5. Os traballos remitiranse en sobre sen remitente á LONXA LITERARIA, Centro Cultural Daniel Castelao, Quintela s/n, 36950 Moaña, Pontevedra. Dentro deste deberase incluír outro sobre co título do relato no seu exterior e os datos do/a autor/a no interior.

6. Remitiranse tres copia de cada un dos microrrelatos antes do 31 DE OUTUBRO DE 2009.

7. O/s premio/s fallaranse antes do 21 de novembro do ano en curso. Por estas datas farase entrega do/s premio/s que se debe/n recoller persoalmente ou por delegación expresa.

8. A publicación do traballo premiado realizarase a través da páxina web desta asociación. Non obstante, resérvase a posibilidade de publicación noutro tipo de soportes no futuro.

9. O feito de concursar supón a aceptación destas bases e a resolución do xurado.

10. O xurado do certame estará formado por dúas persoas de recoñecido prestixio do ámbito da literatura.

 

<Índice de noticias.