Hoxe no cole de Quintela estamos moi, moi, moi contentos.
Esta mañá recibimos unha noticia estupenda:
O Ministerio de Educación comunicounos que o blog da biblioteca escolar do colexio de Quintela, dentro da convocatoria "Premios a materiales educativos en soporte eléctronico que puedan ser utilizados y difundidos en Internet" acaba de recibir o "Premio Especial a las Competencias Lectoras".
Haberá que celebralo!!!
Dende a Concellería de Cultura e Ensino queremos facernos eco desta importante nova e darlle os nosos parabéns a este cole por traballar en prol do Galego co seu Blog, e fomentar a lectura entre os mais cativos. Este recoñecemento é a demais, a demostración de que o Galego é unha ferramenta útil e vixente, que pode e debe ser recoñecido en todo o Estado Español.