Noticias do departamento.

Noticia:

O departameto de Cultura e Ensino Presenta a XX edición dos Circuítos Teatrais de Moaña. (11/9/2007)

Un a ano mais o Departamento de Cultura achega a Moaña unha mostra de teatro Profesional, con 7 representacións que se representarán entre o sábado 15 de Setembro e o sábado 27 de outubro.Nesta ocasión combinaránse obras de compañías tanto galegas como do resto do Estado, que achegarán ó mellor do xénero.

O escenario será o mesmo das últimas edicións, no salón de Actos do I.E.S As Barxas, e mantendo o mesmo horario dos sábados as 23:00.

As entradas poñeránse a venta en tres modalidades; entrada ordinaria 4€, entrada especial estudiantes, colectivos culturais, desempregados 3€, e abonos para todas as funcións 14€.

O departamento de Cultura celebra esta XX edición dos circuitos de teatro coa satisfacción que da a consolidación do certame no panorama cultural, tanto a nivel municipal como comarcal, como un dos eventos culturais mais importantes do calendario, cunha asistencia media de aforo completo de 200 expectadores.

 

Ademais, este ano , en colaboración coa Lonxa Literaria de Moaña, levaranse a cabo actividades paralelas as representacións cunha mostra de lecturas dramatizadas que ampliarán a oferta dos circuitos nesta edición XX.

Así, o día,21 de setembro, ás 22 horas. no bar Oblongo, na Avda. José Costa Alonso, ao lado do Tandy. representaráse a obra: Agnus Patris, de Alfonso Becerra. e o d ía 5 de outubro, á mesma hora e no mesmo lugar do anterior a obra Eliane en ardentía ou Bernardo destemplado (é a mesma obra), de Roberto Salgueiro.

Ambas son premios Álvaro Cunqueiro do 2000 e 2001.

 

<Índice de noticias.