Noticias do departamento.
| Noticia: |
Brath en Concerto na Semana do Mar de Moaña. (10/08/2009) O Concello de Moaña en colaboración con Caixanova presentan Cultura en ruta, un espectáculo lúdico-musical que ofrecerá música e entretemento a tódolos públicos. O espectáculo terá lugar o día 13 de agosto no Paseo Marítimo a partir das 12.00 horas. O espectáculo iniciase as 12.00 cun pasacalles de gaiteiros. As 19.00 horas, ó pe do camión escenario situado no Paseo Marítimo, comezará a diversión infantil coa compañía “2 paiasos en apuros”, unha comedia que pretende achecgar ó público infantil e familiar as aventuras e desventuras dunha atípica parella de clowns, con humor, a complicidade e a ilusión herdadas dos números clásicos de paiasos de circo. As 21.00 horas, no camión escenario actuará o grupo de rock “El Tolo” e a continuación, sobre as 22.30 terá lugar a fin de festa coa actuación do grupo folk Brath.
BRATH É un grupo galego de folk que leva mais de vintesete anos xuntos realizando música de raíz, pero cunha especial influencia do rock progresivo: caracterizado dende seus comezos por ter incluido os sons dun baixo electrónico e dunha batería nas súas cancións. Ten unha ampla discografía que avala seu traballo, discografía que se completa con grabacións de discos colectivos e bandas sonoras para filmes e series de televisión. Ademais de realizar, neste concerto, un percorrido polos temas da súa traxectoria musical, a compañía ofreceranos temas do seu novo traballo “Camiño de Compostela”.
|