Noticias do departamento.
| Noticia: |
Curso de Pintura 2009-2010.(9/09/2009) A Concellería de Cultura e Ensino pon en marcha un novo curso de pintura en colaboración co colectivo "A carón do Mar". O Curso de pintura será impartido por un membro do colectivo “A carón do Mar”, Lito Portela, en sesións de 2 horas por semana. Este curso levarase a cabo no Centro Cultural de San Martiño, en horario a determinar polos asistentes .O obxectivo do curso será fomentar a pintura entre os veciños afeccionados a esta manifestación artística. A duración do curso será de 8 meses que irán de outubro 2009 a maio 2010. O curso organizarase en 2 trimestres e 1 bimestre: Curso aceptará a 30 alumnos, que sexan maiores de 6 anos. O prazo de preinscripción comeza o vindeiro día 15 ata o 30 de setembro. A inscripción irá do 1 ó 10 de Outubro . O coste será de 24€ por alumno. Para a preincripción dirixirxe ó Dpto. de Cultura no concello de Moaña, ou ben por Internet, ó correo moanacultura@gmail.com, Detallando, nome, dirección, tlf de contacto,e DNI (Nome dos pais e do alumno en caso de ser menor).
|