Noticias do departamento.
| Noticia: |
Cursos de Verán da Universidadde de Santiago en Moaña.(08/06/2009) A Concellería de Cultura, en colaboración coa USC pon en marcha o campus de verán, que este ano contará con dous cursos. Inmunoloxía na sociedade
Datas: 7 a 10 de xullo Lugar: Moaña Horas lectivas: 32 Dirección: Óscar J. Cordero Santamaría Secretaría: Rubén Varela Calviño Límite de alumnos/as: 200 Obxectivos: A Ciencia en xeral é unha parte da cultura humana con pouca proxección social en Galicia, unha das causas principais da falta de dinamismo no desenvolvemento socioeconómico. As Ciencias Biolóxicas, e en particular a Inmunoloxía debido ao seu carácter transversal e integrador, pola súa novidade aínda teñen menos presenza a pesares do seu papel na revolución tecnolóxica e biomédica da que todos somos beneficiarios. O obxectivo do curso, poren, será o de dar unha visión global da Inmunoloxía como ciencia e a súa importancia para as persoas e a sociedade. Dada a amplitude do ámbito abarcado, o curso presentase diferenciado en 4 bloques, a tratar un por día: INMUNOLOXÍA NOS SERVIZOS SANITARIOS, INMUNOLOXÍA NA INDUSTRIA BIOTECNOLÓXICA, INMUNOLOXÍA NA INVESTIGACIÓN BIOMÉDICA e INMUNOLOXÍA NOUTRAS INVESTIGACIÓNS BIOLÓXICAS.
A pesca do bacallau no século XX: historia, economía e traxectorias vitais
Datas: 20 a 22 de xullo Lugar: Moaña Horas lectivas: 30 Dirección: Jesús Giráldez Rivero Secretaría: Manuel Pérez Rúa Límite de alumnos/as: non Obxectivos: Trátase de contribuír á divulgación da economía galega e do sector pesqueiro no período posterior á Guerra Civil, unha etapa moi dinámica e marcada polo desenvolvemento da pesca do bacallau, unha actividade que resultará de importancia decisiva no devir da historia pesqueira e industrial de Galicia. Búscase axudar á divulgación dunha fase e da historia económica e social de Galicia bastante descoñecidas. Tratará de facer partícipes do curso a moitos dos protagonistas vivos dos procesos investigados e ao conxunto da sociedade civil.
Valen 2 créditos de libre configuración para estudiantes da USC. Para mais información podes dirixirte ó Dpto. de Cultura do Concello de Moaña.
|