Noticias do departamento.

Noticia:

 

Ábrese o plazo de matricula na Escola Municipal de Música para o curso 2007-2008. (7/8/2007)

Unha vez formalizada a continuidade dos alumnos que realizaron o curso 2006-7 da Escola Municipal de Música, o Concello de Moaña vai proceder á :

1º-CONVOCATORIA DE 16 PRAZAS DE NOVO INGRESO NA MATERIA DE INICIACIÓN MUSICAL PARA ALUMNOS DE 4 A 7 ANOS E 7 EN FORMACIÓN INSTRUMENTAL NA ESPECIALIDADE DE PIANO E FRAUTA PARA ALUMNOS DE 8-16 ANOS PARA O CURSO 2007-8

 segundo as seguintes ESPECIFICACIÓNS:.

FORMALIZACIÓN DAS SOLICITUDES DE ADMISIÓN PARA:

16 PRAZAS DE INICIACIÓN MUSICAL (ALUMNOS DE 4 A 7 ANOS):

-Prazo: Días 10 ó 28 de setembro de 2007, ambos inclusive.

-Lugar: Casa do Concello de Moaña.

-Horario: Entre8,30 h. e13,30 h.

-Preferencia: Orde de entrada de instancias.

CADRO DE IDADES, PRAZAS E HORARIO

NADO NO ANO

Nº PRAZAS

HORARIO AULA SEMANAL

2003

4

Xoves: 17,30-18,30 h.

2002

3

Xoves,17,30-18,30 h.

2001

4

Luns:17,30-18,30 h.

2000

5

Venres: 17,30-18,30 h.

 

-Procedemento:

Os pais, nais ou titores deberán efectuar o pagamento do importe da matrícula no Servizo de Recadación do Concello, que fará constar a hora de entrada, comprobará o límite de prazas, o ano de nacemento do/a neno/a a través do DNI ou Libro de Familia e liquidará a cantidade correspondente.

Os prezos deste servizo, segundo a Ordenanza Reguladora dos Prezos Públicos polos Servizos Sociais, Culturais, Deportivos e de Ocupación do Tempo Libre, son:

-Iniciación Musical: 60 €

(Existe unha bonificación por inscrición de varios membros da unidade familiar na Escola ou por membro de familia numerosa: 25% de desconto por inscrición. Para acceder ó desconto o interesado deberá presenta-lo boletín de inscrición do membro familiar na Escola ou o Libro de Familia)

A continuación, no Servizo de Información, facilitaráselle unha instancia onde farán constar os datos propios, os do alumno e a solicitude de admisión, engadíndolle unha copia do xustificante de pagamento efectuado anteriormente no Servizo de Recadación.

As persoas que presenten instancia fora das prazas ofertadas terán dereito a quedar rexistradas nunha lista de espera que se confeccionará segundo hora e data de entrada en rexistro.

FORMALIZACIÓN DAS SOLICITUDES DE ADMISIÓN PARA:

 3 PRAZAS DE ESPECIALIDADE PIANO (8 A 16 ANOS)

1 PRAZA DE ESPECIALIDADE FRAUTA (8 A 16 ANOS)

1 PRAZA DE ESPECIALIDADE SAXOFON (8 A 16 ANOS)

2 PRAZA DE ESPECIALIDADE CLARINETE (8 A 16 ANOS).

-Prazo, lugar e horario: os mesmos do apartado de Iniciación Musical.

-Preferencia: Orde de entrada das instancias.

-Procedemento:

Os pais, nais ou titores deberán efectuar o pagamento do importe da matrícula no Servizo de Recadación do Concello, que fará constar a hora de entrada, comprobará o límite de prazas, o ano de nacemento do/a neno/a a través do DNI ou Libro de Familia e liquidará a cantidade correspondente.

Os prezos deste servizo, segundo a Ordenanza Reguladora dos Prezos Públicos polos Servizos Sociais, Culturais, Deportivos e de Ocupación do Tempo Libre, son:

-Formación Instrumental: 105 €

(Existe unha bonificación por inscrición de varios membros da unidade familiar na Escola ou por membro de familia numerosa: 25% de desconto por inscrición. Para acceder ó desconto o interesado deberá presenta-lo boletín de inscrición do membro familiar na Escola ou o Libro de Familia)

A continuación, no Servizo de Información, facilitaráselle unha instancia onde farán constar os datos propios, os do alumno e a solicitude de admisión, engadíndolle unha copia do xustificante de pagamento efectuado anteriormente no Servizo de Recadación.

As persoas que presenten instancia fora das prazas ofertadas terán dereito a quedar rexistradas nunha lista de espera que se confeccionará segundo hora e data de entrada en rexistro.

2º. CONVOCATORIA PARA A FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA DO ALUMNO: PATRICIA DE SÁ MARIN DE 1º CURSO DE FORMACIÓN INSTRUMENTAL- ESPECIALIDADE SAXOFÓN

segundo as seguintes ESPECIFICACIÓNS:.

-Prazo, lugar e horario: os mesmos do apartado de Iniciación Musical.

-Procedemento: A Alumna deberá efectuar o pagamento do importe da matrícula no Servizo de Recadación do Concello e comprobará o DNI ou Libro de Familia e liquidará a cantidade correspondente.

Os prezos deste servizo, segundo a Ordenanza Reguladora dos Prezos Públicos polos Servizos Sociais, Culturais, Deportivos e de Ocupación do Tempo Libre, son:

-Formación Instrumental: 105 €

(Existe unha bonificación por inscrición de varios membros da unidade familiar na Escola ou por membro de familia numerosa: 25% de desconto por inscrición. Para acollerse ó desconto deberá presenta-lo resgardo da matrícula na Escola dun irmán)

3º. CONVOCATORIA PARA A FORMALIZACIÓN DAS SOLICITUDES DE ADMISIÓN PARA ENTRAR EN LISTA DE ESPERA NA FORMACIÓN INSTRUMENTAL (8 ANOS EN DIANTE).

segundo as seguintes ESPECIFICACIÓNS:.

-Prazo: Do 10 Setembro ó 31de Decembro.

- lugar: Servizo de Información

- horario: 08:30 a 13:30

-Procedemento: Os pais, nais ou titores deberán recoller e cubrir a instancia que se lles facilitará no Servizo de Información, onde farán constar os datos propios e os do posible alumno así coma a especialidade a cursar entre:

Trompeta –Trompa- Trombón –Bombardino- Clarinete – Saxo – Frauta - Piano.

<Índice de noticias.