Noticias do departamento.

Noticia:

SEMANA De TEATRO INFANTIL (20-21 DE MAIO). Auditorio de Quintela (4/03/09)

20 DE MAIO: Compañía "El Titiritero de Banfield (Arxentina). Oriundo de Banfield, na provincia de Bos Aires, Sergio Mercurio é un actor que traslada diálogos e vivencias cos seus monifates fóra das fronteiras arxentinas desde 1992. Despois dunha viaxe de 12 anos nos que percorreu 16 países do continente americano, naceu o espectáculo que presenta en Moaña, a súa segunda montaxe con bonecos para público mozo e adulto, do que é escritor, director e manipulador." En Camino" : un monifate rebelde (Bobi) cuestiona a viaxe que quere iniciar o seu manipulador. Xa desde o principio a frescura e a viveza da relación entre o manipulador e os bonecos engaiola polo seu desenvolvemento e naturalidade, despois virá a avoa Margarita, e Beto, bébedo pelexador que transformará o teatro nun bar... Visita a web de El Titiritero de Banfield

21 DE MAIO: Compañia" Teatro Papelito" (Eslovenia-Italia). Papelito é o novo nome de Teatro Papilu, fundado en 1982 por Brano Solce, compañía coa que ten viaxado por toda Europa, Xapón, Estados Unidos, Israel... O punto de inicio deste teatro de autor é o papel, material simple que ofrece todas as posibilidades de transformación. Teatro Papelito utiliza a linguaxe visual, as metamorfoses e os símbolos acompañados de sons e música. Conta historias sen palabras, asi que os seus espectáculos chegan a ser, como él mesmo di, "un tipo de animación de papel musical". "Guarda l'uccellino" (olla o paxariño) é unha pequena antoloxía dos máis de 25 espectáculos producidos pola compañía, sempre con papel. Desde grandes máscaras tridimensionais de cartón a pequenos acordeóns elásticos, recortando formas para facer sombras. Xogos de mans e tesoiras para un collage con diferentes historias. Máis de 50 criaturas . Visita a web de Teatro Papelito

 

 

 

<Índice de noticias.