Noticias do departamento.

Noticia:

 

A Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, en colaboración coa Concellería de Cultura e Ensino, presentan en Moaña o 125 aniversario do teatro en Galego. (3/9/07)

A concellería de Cultura presenta a mostra de teatro que promove a Xunta de Galicia a través do IGAEM na celebración do 125 aniversario do teatro en galego.

Tratase dunha xira por toda Galicia na que participarán 25 compañías de teatro galegas que percorrerán 38 localidades da nosa comunidade do 13 de agosto ao 30 de setembro.

Con esta xira celébranse os 125 anos de teatro en galego. Rememórase así o 13
de agosto de 1882, día no que se estreou no Liceo Brigantino ‘A Fonte do Xuramento’ de Francisco María de la Iglesia, a primeira peza teatral en galego da que gardamos noticia.
Nesta grande acción teatral participan as compañías máis relevantes do teatro galego, achegándonos, entre outros, textos clásicos como o ‘Romeo e Xulieta’ de Teatro do Noroeste, propostas contemporáneas de textos que nos deixan sen alento como ‘Psicose 4.48’ de Nut Teatro, comedias coma ‘Sempre ao Lonxe’ de Mofa e Befa, monicreques da man de compañías coma Tanxarina, Buratini, Caramuxo, Galitoon ou Cachirulo, teatro para os máis pequenos como ‘OMerlo Branco’ de Talía Teatro ou ‘A Viaxe de Efi’ de La imagina machina, propostas que actualizan o cabaret coma ‘Pasarrúas Cabareteiro’ de Femme Fatale ou dramas para tragar bágoas coma ‘As últimas lúas’ de Lagarta Lagarta. Ademais de asistir ás funcións o público poderá visitar unha exposición itinerante, que percorrerá dez vilas da nosa
comunidade, e que nos ofrece unha visión histórica do teatro a través de multitude de documentos, algúns deles inéditos.
Unha oferta cultural variada na que as artes escénicas non só están nos teatros, senón que saen á rúa para entrar en novos espazos como lonxas, hospitais, prazas, etc. Unha proposta que achegará o teatro ós cidadáns e que, sen dúbida, traerá novos públicos para ao teatro galego.

En Moaña representaranse tres obras:

*Os sete magníficos mais 1. A cadeira voadora , 8/9/07. 21:30 No palco da Alameda.

*Cachirulo." Do, Re, Mi, Mozart Xoga aquí" . 16/9/07. 21:00 No IES. As Barxas.

*Zancalino. "Perigo: Zico, Zaca,Zuco Buscando a mamá." 29/9/07. 17:30. No palco da Alameda.

 

<Índice de noticias.