Noticias do departamento.
| Noticia: |
O mestre de Gaitas do Concello de Moaña, Xavier Blanco, leva ata Xinebra os valores culturais Galegos. (1/10/2007) Xavier Blanco, mestre gaiteiro do Concello de MOaña, acude os días 2, 3, 4 de novembro a Xenebra (Suiza), onde participará nos actos da celebración do 40 aniversario do Centro Galego "A nosa Galiza". Deste xeito , achegará os resultados dos seus traballos de investigación e recopilación etnográfica, recollidos nas súas publicacións discográficas, destacando ó seu último traballo sobre os Intruimentos Pobres. Os instrumentos pobres eran útiles ligados ás diferentes tarefas da casa e do campo que se empregaban, asimismo, para crear música. Será a ocasión para que amose seu segundo traballo discográfico, fruto dunha ampla investigación. O cazo, a sartén, o sacho ou a fouce son algúns dos elementos que empregará Blanco para súa actuación. |