Noticias do departamento.

Noticia:

Conferencia Didáctica sobre arte "O retrato español no Museo do Prado" .(18/8/08)

O vindeiro xoves 28 de agosto, a partir das 21:00, no concello de Moaña, levarase a cabo unha conferencia divulgativa e explicativa do retrato pictórico.

Esta conferencia tentará dar a coñecer ó gran público o fondo pictórico do Museo do Prado en canto a retrato, mediante unha análise dos artistas dende Goya a Sorolla.

A conferencia forma parte da actividade de divulgación da exposición que se está a levar acabo na Cidade da Coruña de 66 obras pictóricas dos fondos do museo, na sede da Fundación Caixagalicia.

 

<Índice de noticias.