Noticias do departamento.
| Noticia: |
Curso de Pintura 2008-2009. (1/9/2008 ) A concellería de Cultura, en colaboración co colectivo "A Carón do Mar" vai poñer en marcha por segundo ano , un curso de pintura que irá dirixido a todas aquelas persoas interesadas neste arte. A idade mínima para parcticipar será de 6 anos. O curso terá unha duración de 8 meses, en sesións de 2 horas semanais, dende outubro ata maio. Levaráse a cabo no centro cultural de San Martiño, e estará organizado en 2 trimestres e un bimestre: 1º Trimestre: Outubro, novembro e decembro. 2º Trimestre: Xaneiro, febreiro e marzo. 3º Bimestre: Abril e maio. O custe para os alumnos será de72€ cada uns dos trimestres, e 48€ o último bimestre. O número de plazas é de 30 alumnos. O plazo de preinscrición vai do 1 ó 12 de setembro, podendo facerse no departamento de cultura no concello, ou ben na Casa da Mocidade. |