Nesta sección poderáse consultar toda a información referente ó departamento de Ensino.

 

Nova:

Cursos de Verán da Universidadde de Santiago en Moaña.(08/06/2009)

A Concellería de Cultura, en colaboración coa USC pon en marcha o campus de verán, que este ano contará con dous cursos.

Inmunoloxía na sociedade

MATRICÚLATE

PROGRAMA COMPLETO

 

Datas: 7 a 10 de xullo

Lugar: Moaña

Horas lectivas: 32

Dirección: Óscar J. Cordero Santamaría

Secretaría: Rubén Varela Calviño

Límite de alumnos/as: 200

Obxectivos: A Ciencia en xeral é unha parte da cultura humana con pouca proxección social en Galicia, unha das causas principais da falta de dinamismo no desenvolvemento socioeconómico.  As Ciencias Biolóxicas, e en particular a Inmunoloxía debido ao seu carácter transversal e integrador, pola súa novidade aínda teñen menos presenza a pesares do seu papel na revolución tecnolóxica e biomédica da que todos somos beneficiarios. O obxectivo do curso, poren, será o de dar unha visión global da Inmunoloxía como ciencia e a súa importancia para as persoas e a sociedade. Dada a amplitude do ámbito abarcado, o curso presentase diferenciado en 4 bloques, a tratar un por día: INMUNOLOXÍA NOS SERVIZOS SANITARIOS, INMUNOLOXÍA NA INDUSTRIA BIOTECNOLÓXICA, INMUNOLOXÍA NA INVESTIGACIÓN BIOMÉDICA e INMUNOLOXÍA NOUTRAS INVESTIGACIÓNS BIOLÓXICAS.

 

A pesca do bacallau no século XX: historia, economía e traxectorias vitais

MATRICÚLATE

PROGRAMA COMPLETO

 

Datas: 20 a 22 de xullo

Lugar: Moaña

Horas lectivas: 30

Dirección: Jesús Giráldez Rivero

Secretaría: Manuel Pérez Rúa

Límite de alumnos/as: non

Obxectivos: Trátase de contribuír á divulgación da economía galega e do sector pesqueiro no período posterior á Guerra Civil, unha etapa moi dinámica e marcada polo desenvolvemento da pesca do bacallau, unha actividade que resultará de importancia decisiva no devir da historia pesqueira e industrial de Galicia. Búscase axudar á divulgación dunha fase e da historia económica e social de Galicia bastante descoñecidas. Tratará de facer partícipes do curso a moitos dos protagonistas vivos dos procesos investigados e ao conxunto da sociedade civil.

Para mais información podes dirixirte ó Dpto. de Cultura do Concello de Moaña.

O Concelleiro de Cultura mativo unha reunión cos representantes das AMPAS na que se trataron os temas:

-Comedores.

-Actividades Extraescolares.

-Posibiliade dunha programación de proxectos socioeducativos de intervención.

(Se tes interés en coñecer polo miúdo algún dos puntos, comunícate coas AMPAS e participa na súa labor)

 

A consellería de Ensino convoca axudas para gastos nos comedores escolares "Orde do 22 de Agosto de 2008 pola que se establecen as bases e se convocan axudas para financiar o mantemento dos servizos de comedor escolar xestionados polas asociacións de nais e pais de alumnos/as de centros públicos dependentes da Conselleríade Educación e Ordenación Universitaria para o curso académico 2008-2009." (10/9/2008)

A consellería publica no DOG do Luns 1 de Setembro as bases para acollerse a subvencións para gastos de comedores nos centros educativos, as cales, dependendo do caso poden chagar ata o 50% do gasto do comedor. Ademais na orde sinálanse outras axudas para personal de apoio a alumnos con NEE.

Para consultar a Orde pulsa aquí.(Paxina 16.360)