Benvid@ o apartado web do departamento de Cultura e Ensino do Concello de Moaña.

 

Noticia:

Presentouse a programación de Entroido 2011. (28/02/2011)

A Concellería de Cultura ven de ultimar xunto co grupo de traballo formado coas Comparsas de Moaña , a programación do Entroido 2011.

Manterá a liña das últimas edicións, reforzando o apoio ós colectivos veciñas que organizan concertos nas parroquias.

Por outra banda, o cartel gañador desta edición é o de Borja Santoro Mosquera (11 anos) CEIP. A Guía.

Mais información no apartado Entroido da web.

 

 

 

Inaugurouse a Casa da Música de Moaña, na antiga reitoral de S.Martiño.(10/11/2010)

Despois de un periodo de 8 anos no colexio de Reibón, a Escola Municipal de Música contará a partir de agora cunha sede propia con unhas instalacións modernas e con novos equipamentos.

A nova sede, situada na antiga reitoral de San Martiño, en Abelendo, é ademais un referente da recuperación dos bens patrimoniais e culturais que se están a levar acabo en Moaña. A restauración deste edificio, que estaba parcialmente derruído, conseguiu recuparar e poñer a dispusición dos veciños e veciñas de Moaña unhas instalacións da Igrexa a través dunha cesión por 25 anos.

A escola , que conta con 133 alumnos, da así un paso mais na mellora da calidade na formación que imparte. Ademais, dende o 2007, foise aumentando o profesorado, pasando de 3 a 5 mestres.

Moaña, pasa a contar deste xeito con dúas escolas de Música, a Escola de musica Tradicional con sede no CC. Daniel Castelao de Quintela (2008) e agora a Escola de Música coa sede en Abelendo (2010).