Autor: KVETCH de STEVEN BERKOFF
Dirixe:Álvaro Lavín
Elenco:CELSO PARADA, MÓNICA CAMAÑO, MIGUEL PERNAS, DOROTEA
BÁRCENA, MUNDO VILLALUSTRE.
Sinopse:
Vivimos todos baixo a ameaza da bomba, do cancro, dos axentes canceríxenos, da enfermidade, do paro, da impotencia, do medo ao medo, dos negros, dos brancos, da policía, dos impostos, da declaración da renda, de quedar calvos, de engorda,r de poñernos feos, de ser parvos, de non ser enxeñosos, de ser tímidos, de preocuparnos por aprender a tocar o piano, do medo ao fracaso, de non causar boa impresión, medo á forza dos demais, a non ter xubilación, á vellez ,á morte, á guerra… Esta é unha obra dedicada a tódolos que teñen medo.
UN ESPECTÁCULO XUBILOSO, DEVASTADOR E FEROZ DOS SEUS MEDOS
E ESTRÉS DIARIOS DE TODA CASTE “kvetch”
Imxine un intre no que vostede puidese expresar en alto todo aquilo que pensa polo baixo, sen ser oído polos que o rodean. . Imaxine a cantidade de sesións de diván na consulta do psicoanalista que aforraría. Ou non?. |