Texto e dirección: Laila Ripoll
Micomicón Teatro (Madrid)
Sinópse: Os nenos perdidos aborda, na figura de tres raparigos, a historia dos nenos mortos ou desaparecidos en cárceres, trens, albergues relixiosos e do Auxilio Social.
Cantagallos, Marqués e Cucachica son os tres nenos protagonistas da obra que, escondidos no faiado do orfanato, reciben a visita dunha inquietante monxa cega. Entre momentos de tenrura, humor, traxedia e esperpento, o tenro mestúrase co grotesco, a vida coa morte e o terror coa comedia.
Así, os personaxes, interpretados por Manuel Agredano, Marcos León, Mariano Llorente e Juan Ripio, irán desenredando a sinistra madexa que rodea aos desaparecidos e aos esquecidos da España franquista de posguerra.
|