Autores: X. M. Pazos, Suso de Toro, Anxos Sumai, Sonia Torre e Cándido Pazó
Director: Etelvino Vázquez
Elenco: Casilda García, Pepa Barreiro, Marián Bañobre, Sonia Rúa, Santiago Cortegoso, Fran Paredes, Mundo Villalustre e Salvador del Río
Sinopse: En Emigrados decidímonos por unha historia múltiple que, engarzada, constitúe un mosaico de pezas de distintos autores e autoras que, unha por unha, dende o tratamento específico da emigración, da inmigración, do retorno, do desenraizamento, compoñen un cadro xeral que permite apreciar nidiamente o drama individual e social que supón estoutro xeito de "exilio".
|