| Lagarta Lagarta: As derradeiras lúas |
Autor: Furio Bordon Sinopse: Na súa orixe, é dicir, no texto escrito polo autor, As derradeiras lúas é bo teatro; é teatro comprometido e tamén divertido; e ten un forte compromiso humano e social, que se atreve a inventar, cunha intensa carga de delicado humor e de inmensa tenrura, unha mirada seria e serea sobre aqueles pasos tan fundamentais no noso transitar pola vida como son a senectude e a morte, e que deixa caer intermitentemente sobre o espectador algúns interrogantes: que lugar ocupan 'os vellos' na sociedade contemporánea?, que espacio lles permite ocupar esta sociedade?, que poden facer 'os vellos' consigo mesmos, nunha paisaxe humana e social na que, con frecuencia apabullante, fáiselles sentir coma un obstáculo que está a impedir a felicidade dos outros? |
![]() |