Fulano, Mengano e Citano : Arte

Autora
YASMINA REZA

Dirección
CELSO PARADA

Actores
Manuel Botana "Marcos"
X.Manuel Conde "Serxio"
Manuel Pombal "Iván"

Sinopse:
Con un humor ácido e unha mirada corrosiva,a dramaturga francesa Yasmina Reza introdúcese no mundo masculino disecionandoo e cuestionandoo.
Arte presentanos a tres amigos ben situados, que poñen en perigro a sua relación a causa dunha disparidade de opinions sobre….a arte.

Serxio acaba de mercar un cadro moderno por unha grande suma de diñeiro. Marcos ódiao e non pode asumir como a un amigo seu lle poda gustar unha obra semellante…¡.Branca! …¡totalmente branca! Con unhas liñas apenas perceptibeis tamén brancas.

Iván tenta, sen éxito,apaciguar as duas partes.Se a tua amizade está baseada nun acordo tácito, ¿qué pasa cando unha persoa fai algo completamente diferente e inesperado?. A pregunta é: ¿eres quen crees que eres ou eres quen teus amigos creen que eres?

O acontecemento suscita unha tremenda polémica que pon en risco a súa amizade.E aquí onde nos introducimos nos recovecos mais profundos da actitude masculina, a loita do poder,a defensa das propias opinións, o cambeo de postura entre os amigos, e todo o que hai disfrazado nunha relación.
Son duas as características masculinas que a obra deixa ó descuberto:”Por un lado, unha obsesión polo poder dentro da amizade.En segundo, unha tremenda defensa da opinión de cada un, como se non podera haber unha amizade que fixera caso omiso de que os demais teñan as suas propias opinións.

Todo isto desencadea un debate sobre a pintura e a arte en xeral,e como consecuencia as distintas maneiras de percibí-lo mundo.
A desproporción entre a causa e o efecto,na discusión, provoca unha serie de altercados violentos e desmesurados que producen finalmente risa.Unha risa que xurde constantemente de nimiedades – un ton de voz exaradamente condescendente para o gusto de un, da expresión dunha grosería insoportable, por parte de outro, e isto fai que todo se altere e acaben con toda posibilidade de comunicación.

Arte é un xogo dramático que fuxe da anécdota, revélanse as grandes preguntas que plantexa a sociedade moderna : unha sociedade de mercado na que o diñeiro é a referencia de calidade,na que o compromiso non está dictado pola defensa duns ideais senon pola defensa dos intereses personais.
O valor dos individuos non reside no que son, senón naquelo que se pode facer con eles.Uns retos, un gran debate público,presentados en forma divertida na tribuna dun teatro que brila po la sua vivacidade e o seu humor,nesta deslumbrante comedia de Yasmina Reza.

<Anterior