Teatro de Ningures : Homes e Mulleres

 

Elenco:Casilda Alfaro, Pepa Barreiro, Marián Bañobre, Santiago Cortegoso, Fran Paredes, Sonia Rúa, Salvador del Río

Dirixida: Etelvino Vázquez

Sinopse:A parella (ou a súa ausencia) amósase como un dos conflitos fundamentais do individuo na sociedade contemporánea. E é evidente que este conflito pode adoptar múltiples formas e manifestacións. Xera ao seu redor todo un mundo de material emotivo e intelectual. As persoas temos que definirnos: unha parte fundamental da nosa identidade vénnos dada polo estilo de parella que adoptemos (ou pola ausencia dela, voluntaria ou non). Este universo é o punto de partida do proceso de escrita para este espectáculo. Ábrese unha porta na que construímos un amplo abano de personaxes e relacións humanas que son unha fonte inesgotable de humor. Un humor que chegará da identificación por parte do público de situacións e comportamentos observables no día a día: reflexións que están detrás das accións máis cotiás, pero que teñen unha transcendencia fundamental nas nosas vidas

 

 

<Anterior