Elenco:Gustavo Pernas Cora
Dirixida: Ánxela G. Abalo
Sinopse:«En época de crise hai moito colgado». Desta constatación partiu Gustavo Pernas para poñer a andar o seu maxín e dar vida ás andanzas dun personaxe que, consciente tamén de que pendurarse pode ser moi perigoso para o home da rúa, sen experiencia en tan abalante práctica, pon ao seu dispor a súa bonita profesión, que diría Carmen Sevilla, concibida como servizo público. O Colgado de Celeiro ten moito camiño andado de cabo da soga. Xa o seu avó, se colgaba cada día despois de xantar, «a iso das five o'clock » |