Circuítos teatrais de Moaña:
XXII. Edición dos Circuítos de teatro de Moaña.
Un a ano mais o Departamento de Cultura achega a Moaña unha mostra de teatro Profesional, con 5 representacións que se representarán entre o sábado 3 de Outubro e o sábado 31 de outubro.Nesta ocasión combinaránse obras de compañías tanto galegas como do resto do Estado, que achegarán ó mellor do xénero.
O escenario será o mesmo das últimas edicións, no salón de Actos do I.E.S As Barxas, co horario dos sábados as 22:00.
As entradas poñeránse a venta en tres modalidades; entrada ordinaria 4€, entrada especial estudiantes, colectivos culturais, desempregados 3€, e abonos para todas as funcións 10€.
O departamento de Cultura celebra esta XXII edición dos circuitos de teatro coa satisfacción que da a consolidación do certame no panorama cultural, tanto a nivel municipal como comarcal, como un dos eventos culturais mais importantes do calendario, cunha asistencia media de aforo completo de 200 expectadores.
Dende aquí, anímamos un ano mais ó público a asistir as representacións e disfrutar do espectáculo.
| Data | Actividade | Organiza | Lugar |
| 3/10/09 | XXII.Circutos Teatrais Moaña. O segredo dos Hoffman Lagarta, lagarta |
Concellería de Cultura. | I.E.S As Barxas. 23:00. |
| 10/10/09 | XXII.Circutos Teatrais Moaña. Kvetch. Teatro do Morcego. |
Concellería de Cultura | I.E.S As Barxas. 23:00. |
| 17/10/09 | XXII.Circutos Teatrais Moaña. Quico Cadaval .Produccións Excéntricas. |
Concellería de Cultura. | I.E.S As Barxas. 23:00. |
| 24/10/09 | XXII.Circutos Teatrais Moaña. Atra bilis. Teatro de Ningures |
Concellería de Cultura. | I.E.S As Barxas. 23:00. |
| 31/10/09 | XXII.Circutos Teatrais Moaña. Exitus. Titzina teatre. |
Concellería de Cultura. | I.E.S As Barxas. 23:00. |
(Pincha sobre a obra para ver a sinópse)