Inicio

postheadericon Exposición de Camelias en Domaio

O vindeiro 28 e 29 de xaneiro se celebra no CEIP Domaio a VI Exposición de Camelias, da man da asociación poza da Moura, onde poderemos desfrutar de abraiantes exemplares desta flor.

Este certame, xa na sua sexta edición, se consolida como un importante evento na tempada de exposición de Camelias.

Para todos aqueles que queiran participar como expositores, poden dirixirse a:

Telefonos:  986326194  986326301 629582658

no correo: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

cos seguintes datos:

Nome, apelidos, enderezo, telefono e os metros de ocupación necesarios.

exposición camelias

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

camelias info

 

 

postheadericon O concello establece as bases para o crédito destinado á reducción de déficit de Tesoureria

O concello expón a concurso publico a adxudicación dun préstama destinado a sufraga-lo déficit de tesoureria. Para tódalas entidades financeiras  interesadas en concursar a dito crédito, poden descarga-las bases na nosa sección de taboleiro.

 

postheadericon IX Torneo Internacional de Patinaxe

Este fin de semana, no concello de Moaña, celebraráse xa por novena vez o Torneo internacional de patinaxe artística, unha vez máis, os deportistas galegos amosarán o seu bo nivel competitivo nesta disciplina diante de rivais recoñecidos. Premendo en "leer máis " poderes ve-los horarios oficiais do evento.

 

Ler máis...

 

postheadericon Cursos da Aula Cemit Novembro de 2011

Neste próximo mes de Novembro de 2011 a aula cemit de Moaña desenvolvera un total de 22 accións formativas adicadas a diversos temas das novas tecnoloxias, cursos como CORREO ELECTRÓNICO, INICIACIÓN A LINUX, RETOQUE FOTOGRAFICO forma parte da oferta de novembro, desde o concello, non nos queremos escecer dos autonomos e pemes, e se desenvolverán tamén cursos de XEOPOSICIONAMENTO DE NEGOCIOS NA REDE, e dúas charlas para autonomos e pemes.

De igual maneira, configurouse tamén un curso de BUSQUEDA DE EMPREGO A TRAVÉS DA INTERNET, e algún máis avanzado sobre o deseño web e o deseño de blogs.

Para acudir aos distintos cursos e talleres, deben dirixirse á aula cemit do Concello de Moaña, na rúa Donato Bernardez nº 3 ent G, ou chamar ao 986314997, onde poderán atopar ao Axente Tic do Concello para se inscribir e resolve-las súas dúbidas.

O horario lectivo é de 9:15 a 12:15 en quendas dunha hora, e de 20:00 a 22:00 tamén en quendas dunha hora, o horario de atención ao publico vai de 12:15 a 14:00 para inscripción e asesoramento.